Roberto Mières
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de decembro de 1924 Mar del Plata, Arxentina |
Morte | 26 de xaneiro de 2012 (87 anos) Punta del Este, Uruguai (pt) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo, regatista |
Nacionalidade deportiva | Arxentina |
Deporte | automobilismo vela |
Participou en | |
1960 | Xogos Olímpicos de 1960 |
24 Horas de Le Mans |
Roberto Casimiro Mieres, nado o 3 de decembro de 1924 e[1] finado o 26 de xaneiro de 2012, foi un piloto de carreiras orixinario de Mar del Plata, Arxentina. Participou en 17 Grandes Premio do Campionato Mundial de Fórmula Un, debutou o 7 de xuño de 1953. Anotou un total de 13 puntos para o campionato.
Fórmula Un e o automobilismo
[editar | editar a fonte]Mieres competiu en diferentes deportes, como remo, vela, rugby e tenis. Primeiro participou en carreiras de automobilismo na Arxentina cun MG, que máis tarde substituiría por un Mercedes-Benz SSK e logo por un Bugatti anteriormente pilotado por Achille Varzi, utilizando este último para gañar o campionato arxentino de automóbiles deportivos. Como recompensa, invitárono a unirse aos seus compatriotas Juan Manuel Fangio e José Froilán González nunha viaxe a Europa, no que terminou cuarto no Circuit des Nations de 1950 en Xenebra pilotando un Ferrari 125 de Fórmula Un. Logo de regresar a Arxentina, foi recrutado polo equipo Gordini para substituír o lesionado Jean Behra, o que lle permitiu debutar no Campionato do Mundo no Gran Premio dos Países Baixos de 1953. Tamén competiu nos Grandes Premios francés e italiano, sendo o seu mellor posto sexto en Monza.[2]
Mieres logrou o seu mellor resultado de 1953, na carreira fóra de campionato do Grand Prix de l'Albigeois celebrada en Albi, Francia, terminando en cuarto lugar.[3] Tamén terminou terceiro nunha carreira de hándicap de autos deportivos en Caen en xullo de 1953, gañado por Jean Chancel.[4] En xaneiro de 1954 Mieres quedou en segundo lugar no Gran premio de Buenos Aires. Maurice Trintignant gañou logo de que Mike Hawthorn derrapara preto da meta.[5] A cola do Maserati de Mieres incendiouse durante o Gran Premio de Bélxica de 1954 no Circuíto de Spa Francorchamps. Despois de decatarse tardiamente disto, freou violentamente e saltou para poñerse a seguro.[6] Logo Mieres terminou quinto nun Maserati no Gran Premio do Reino Unido de 1954 en Silverstone.[7] En 1957, na Cidade de Buenos Aires nunha carreira de autos deportivos, Mieres pilotaba un Jaguar de 3,5 litros no cuarto posto. O seu compañeiro de pilotaxe era Ninian Sanderson de Escocia.[8] Máis tarde Mieres se asociou con Anton Van Dorey pola vitoria no USAC Road Racing Championship Daytona 1,000 km de 1959, o predecesor da moderna Rolex 24 at Daytona, e un cuarto posto nas 12 Horas de Sebring de 1960.[9]
É probable que unha mancha de aceite deixada polo Porsche de Mieres provocara o tráxico accidente do Gran Premio de Cuba de 1958, no que polo menos morreron catro persoas e outras cincuenta resultaron feridas. O piloto de Ferrari Armando García Cifuentes patinou nunha gran mancha de aceite que fora depositada na pista e estrelouse contra unha tribuna; unha volta antes, Mieres entrara en boxes para repoñer o aceite que perdera cun manguito de aceite roto.[10]
Retirada
[editar | editar a fonte]A súa carreira no automobilismo deportivo terminou na década de 1950, Mieres interesouse pola vela, e representou á Arxentina en vela nos Xogos Olímpicos de 1960 en Roma. Competiu contra o expiloto de carreiras e compañeiro, o Príncipe Bira na clase Star, terminando 17º e batendo ao seu antigo rival no proceso.[11] Só outros cinco pilotos competeron tanto no Campionato do Mundo de Fórmula Un e nas Olimpíadas. Morreu á idade de 87 anos no Uruguai.[12]
Resultado completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1953 | Équipe Gordini | Gordini Type 16 | Gordini 6 en liña |
ARX | 500 | NED Ret |
BEL | FRA Ret |
GBR | ALE | SUI | ITA 6 |
NC | 0 |
1954 | Roberto Mieres | Maserati A6GCM | Maserati 6 en liña |
ARX Ret |
500 | BEL Ret |
FRA Ret |
GBR 6 |
11º | 6 | ||||
Maserati 250F | ALE Ret |
|||||||||||||
Officine Alfieri Maserati | SUI 4 |
ITA Ret |
ESP 4 | |||||||||||
1955 | Officine Alfieri Maserati | Maserati 250F | Maserati 6 en liña |
ARX 5 |
MON Ret |
500 | BEL 5 * |
NED 4 |
GBR Ret |
ITA 7 |
8º | 7 |
- * Indican unidade compartida con Jean Behra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29.
- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Enfield: Guinness Publishing. pp. 254–255. ISBN 0-85112-702-9.
- ↑ Frenchman Wins Automobile Race, Los Angeles Times, xuño 1, 1953, Page C2.
- ↑ Bayol Takes Auto Race, New York Times, xullo 27, 1953, Page 23.
- ↑ Sports In Brief, Los Angeles Times, febreiro 1, 1954, Page C2.
- ↑ Hot Race, New York Times, xuño 24, 1954, Page 37.
- ↑ Argentine Driver Triumphs In Rain, New York Times, xullo 18, 1954, Page S4.
- ↑ Ferrari Is First At Buenos Aires, New York Times, xaneiro 21, 1957, Page 41.
- ↑ Gendebien's Porsche Takes Sebring Race Fatal to Two, New York Times, marzo 27, 1960, Page S1.
- ↑ Crash Kills 4 In Cuba Auto Race; Rebel Kidnappers Free Fangio, New York Times, February 25, 1958, Page 1.
- ↑ Viva F1. "Formula One at the Olympics". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2012. Consultado o 2012-07-26.
- ↑ "Former Maserati grand prix driver Roberto Mieres dies aged 87". autosport.com. Haymarket Publications. 2012-01-27. Consultado o 2012-01-27.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roberto Mières |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |